RECURSOS E DOCUMENTACIÓN
IGUALDADE E INFANCIAinfancia
Lecturas sobre mulleres que fixeron historia
CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES
Autora: Elena Favilli
Idade: De 7 a 12 anos
Contos de boas noites para nenas rebeldes reinventa os contos de fadas, Elizabeth I, Coco Chanel, Marie Curie, Frida Kahlo, Serena Williams e outras mulleres extraordinarias narran a aventura da súa vida inspirando a nenas e non tan nenas a soñar en grande e alcanzar os seus sonos. Ademáis, conta coas magníficas ilustracións de sesenta mulleres artistas de tódolos rincóns do planeta. Un libro que debe estar na mesa de noite de todas as nenas ou mulleres xoves que coñezas.
Pequeña & Grande: Jane Austen
Autora: Mª Isabel Sánchez Vegara
Idade: De 6 a 9 anos
Undécimo título dunha colección de contos coa que as nenas e nenos descubrirán quenes eran e que lograrón as máis grandes mulleres da historia contemporánea. Mulleres únicas e marabillosas das que aprender e coas que identificarse. Jane Austen foi unha novelista inglesa , as súas novelas cheas de encanta, retratan o ambiente da clase alta rural do sur de Inglaterra e están consideradas obras esenciales da literatura universal.
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2
Autora: Elena Favilli
Idade: De 7 a 12 anos
Un libro que reúne cen novas historias de mulleres extraordinarias de todo o mundo dende Rigoberta Menchú pasando por Nefertiti ata Isadora Duncan, retratadas por as 50 ilustradoras máis importantes de todo o mundo. A selección de historias deste novo volumen foi realizada coas aportacións da gran comunidade de lectoras e lectores do primeiro volumen.
Jane Goodall: Una historia inspiradora
Autora: Sabrina Kraus
Idade: De 5 a 9 anos
Este libro conta a fascinante historia da Dra. Jane Goodall, primatóloga que leva ao lector por unha viaxe increible e que transmite que os soños poden facerse realidade. O seu mini cuestionario converte o libro ideal non só para nais e pais senon tamén para os colexios. Con esas preguntas pódese inicar unha valiosa conversa coas nenas e nenos e verás como as respostas te sorprenden.
infancia
Igualdade de xénero
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?
Autora e ilustradora: Raquel Díez Reguera
Idade: De 6 a 12 anos
Carlota era unha princesa rosa, co seu vestido rosa, seu armario cheo de roupa rosa… Pero Carlota estaba chea de ser princesa e da cor rosa. Quería vestir de vermello, de verde, de violeta. Non quería bicar sapos para saber si eran príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por qué non había princesas que surcaran os mares en busca de aventuras.
¿Las princesas usan botas de montaña?
Autora: Carmela Lavigna
Idade: De 3 a 6 anos
Tódalas nenas curiosas se preguntan cómo é iso de ser unha auténtica princesa. No interior de ¿Las princesas usan botas de montaña? hai una nena valente moderna e chea de vida que ten moitas preguntas para a súa nai.
Rosa Caramelo
Autoras e ilustradoras: Adela Turin e Nella Bosnian
Idade: De 6 a 9 anos
Aislada nun xardín Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de acadar que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten de imporlle ese aspecto. Por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño á igualdade para as súas compañeiras.
Iguales
Autores: Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárcel
Idade: De 8 a 12 anos
Palabras Aladas presenta Iguales, unha colección de libros que dunha forma orixinal e atractiva destaca todo aquilo que une ás persoas. Uns títulos que apostan por sumar e educar dende o respeto e a admiración. Cada libro narra historias de dous personaxes reais, aos dous personaxes lles une un rasgo, unha actitude ou un valor. A sensibilidade, o valor e a coraxe.
Las Princesas también se tiran pedos
Autor e ilustrador: Ilan Brenman
Idade: De 6 a 12 anos
A pequena Laura xúrdelle unha dúbida moi importante despois dunha larga discusión na escola sobre Cenicienta. Seu amigo Marcelo confésalles que a famosa e delicada princesa tirábase moitos peidos. Afortunadamente o pai de Laura ao que lle gostan os libros e as boas historias, ten un libro secreto das princesas onde Laura encontrará tódalas respostas.
Cuando las niñas vuelan alto
Autora: Raquel Díaz Reguera
Idade: a partires de 4 anos.
A menudo temos soños pero vense truncados polos nosos medos inseguridades e impostos aos estereotipos da sociedade, as desigualdades de xénero e o que dirán…este conto recórdanos que podemos ser aquilo que queiramos ser. Un imprescindible.
Arturo y Clementina
Autoras e ilustradoras: Adela Turin e Nella Bosnian
Idade: De 3 a 6 anos
Da mítica colección: “A favor das nenas” unha historia fabulada que reinvindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación.
La historia de los Bonobos con gafas
Autoras e ilustradoras: Adela Turin e Nella Bosnian
Idade: De 3 a 6 anos
Eles comían, viaxaban e se modernizaban mentras elas recoletaban comida e criaban aos seus fillos.
Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén poidesen aprender e evolucionar.
La princesa que quería escribir
Autores: Beatriz Berrocal, Daniel Montero
Idade: De 3 a 6 anos
Este libro contén unha innovadora historia de princesas, moi axeitada para os tempos actuais, onde as mozas deciden e actúan por sí mesmas sen que nadie lles diga o que teñen que facer.
Adolescencia Feminismo para principiantes
Autora: Nuria Valera
Sabes quen foi a primeira feminista da historia?, ou que o termo feminista foi inventado en realidade por un home que quería rirse así do dereito a voto feminino? En Feminismo para principiantes, da xornalista Nuria Valera, atoparás as respostas a todas as preguntas que xorden cada vez que se fala de feminismo. Saber caándo empezou este movemento, quén o fixo posible ou por qué o machismo tamén está na medicina e a economía son só algúns dos asuntos que trata esta obra. Por qué lelo? Polo seu rigor e a súa cantidade de datos que che axudarán a achegar argumentos cando fales de feminismo.
Mercedes quiere ser bombera
Autores: Beatriz Moncó e ilustrado por Mabel Pierola.
Idade: De 8 a 12 anos
Un día en clase, a profesora pregunta aos alumnos qué queren ser de maiores. Todo transcorre de forma tranquila ata que Mercedes di que ela quere ser bombeira. O seu compañeiro Xaime respóndelle que non pode ser. Por qué? Porque non hai mulleres bombeiras. Entón empeza un debate en clase, onde todos expoñen as súas ideas. Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas filias e as nosas fobias.
A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana.
Clásicos renovados
Érase dos veces Cenicienta
Autores / ilustradores: Belen Gaudes, Nacho De (il.) Marcos, Pablo Macías
Idade: De 3 a 6 anos
Un clásico reescrito. Cincenta nesta ocasión non irá ao baile para namorarse do príncipe, non levará zapato de cristal, pero sí que tomará as rendas da súa vida. *Érase dúas veces é unha oportunidade para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade.
Caperucita Roja, Verde, Amarilla, Azul y Blanca
Autores / ilustradores: Bruno Munari y Enrica Agostinelli
Idade: De 6 a 9 anos
Unha vez o lobo comeuse a Caperucita Vermella pero noutra ocasións quedou coas ganas igual que o lobo negro de Caperucita Verde o lobo que persegue no seu coche a Caperucita Amarela e o lobo mariño de Caperucita Azul, que nada conseguen con esas nenas espabiladas que contan con tan bos amigos.
Princesas al poder
Autoras: Vita Murrow y Julia Bereciartu
Idade: De 7 a 9 anos
Qué pasaría se as princesas non casasen sempre co príncipe azul, nin vivisen felices nin comesen perdices? Ou se a Cincenta fóra en realidade unha emprendedora e tivese a súa propia empresa de servizo de limpeza? Con este libro, os teus fillos descubrirán as verdadeiras historias das princesas dos contos de fadas. 15 contos cuxas protagonistas son intelixentes, divertidas, amables e poden facer calquera cousa que se propoñan.
La niña de rojo
Autor: Roberto Innocenti
Idade: De 9 a 12 anos
“A nena de vermello” -publicado tamén en portugués co título “A menina de vermelho”– é unha versión moderna do conto clásico de Caperucita Vermella. O relato de Aaron Frisch, que narra a accidentada viaxe de Sofía nun día de tormenta, recolle -cun estilo sobrio- os principais argumentos narrativos: a avoa enferma, o bosque escuro, o lobo malvado e a nena de abrigo vermello.
infancia
Roles y estereotipos
Ricitos de oso
Autores/Ilustradores: Servant – Le Saux
Idade: De 3 a 6 anos
Esta noite é o gran entroido do monte e todos preparan os seus disfraces: Mamá Osa acaba de coser o seu disfrace de Bela Durmente, Papá Oso vese fantástico disfrazado de Lobo Feroz. «E ti, Osiño?» «¬Eu, de Riciños de Oso!» A Papá Oso non lle gusta a idea de que o seu fillo vaia con saia e coletas louras e tenta persuadirlle para cambiar de disfraz, pero Osiño mantense firme.
Rula busca su lugar
Autora: María del Mar Pavón Cordoba
Idade: De 6 a 9 anos
Un relato impactante, pulcramente ilustrado, para concienciar sobre a marxinación á que aínda hoxe en moitos recunchos do planeta séguese sometendo á muller desde que nace polo mero feito de selo.
¡Pink! El pingüino que se volvió rosa
Autora: Lynne Rickards
Idade: De 3 a 6 anos
Un día, Patrick levántase e dáse conta de que se volveu de cor rosa da noite para a mañá. O pobre Patrick foxe lonxe en busca doutros animais rosas. Cruza o océano e atopa aos flamencos, pero vai sentir a gusto con eles? Unha historia que nos ensina que os auténticos amigos acéptante sexas como sexa.
el Dragón Zog
Autor/ Ilustrador: Julia Donaldson y Axel Scheffler
Idade: De 3 a 6 anos
Na escola de dragons, Zog quere gañar unha estrela dourada por ser un alumno exemplar. Ten que aprender a voar, a ruxir, a botar lume pola boca e a raptar princesas…
Orientación Sexual
La princesa Li
Autores / ilustradores: Elena Rendeiro e Luis Amavisca
Idade: De 6 a 9 anos
A princesa Li vivía co seu pai, o rei Wan Tan, nun fermoso palacio… ela amaba a Beatriz, unha moza dunha terra afastada. As dúas eran moi felices ata que Wan Tan mandou chamar á princesa: «Chegara o día de casar cun mozo da corte”…
Cada familia a su aire
Autores / ilustradores: Béatrice Boutignon
Idade: De 3 a 6 anos
Como un xogo de adiviñas os nenos poden ver representadas todo tipo de familias a través de distintos animais: monoparentais, dúas mamás, dous papás, familia numerosa, adopción, acollemento, etc.
La peluca de Luca
Autoras: Carmen Ivars, Dolo Vicens, Helena Berenguer, Pep Soler, Romu Soler, Teresa Jordà, Vicent Poquet
Idade: De 6 a 9 anos
A Perruca de Luca é un proxecto educativo que ten como principal obxectivo romper e eliminar os estereotipos e prexuízos adscritos ao sexo, coa intención de favorecer a posibilidade de que cada neno e cada nena desenvólvase libremente.
¡En familia!
Autor: Alexandra Maxeiner, Anke Kuhl
Idade: De 3 a 6 anos
Ningunha familia é igual. Nin na felicidade, nin nas penas. Cada un é do seu pai e da súa nai e ademais cada un vive de maneira moi diferente. Este libro preséntanos dende o humor e a lixeireza un conxunto de familias moi diversas.
Películas para tratar os estereotipos de xénero e os modelos de masculidade e feminidade.
- Billy Elliot: Dirixida por Stephen Daldry (2000). Interpretada por Julie Walters, Jamie Bell, Jamie Draven, Gary Lewis, Jean Heywood. Stuart Wells, Mike Elliot, Janine Birkett, Nicola Blackwel.
- Mi vida en rosa: Dirixida por Alain Berliner (1997). Interpretada por Georges du Fresne, Michele Laroque, Jean- Phillippe Ecoffey, Helene Vincent.
- Quiero ser como Beckham: Dirixida por Gurinder Chadha (2002). Interpretada por: Parminder K. Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys- Meyers, Anupam Kher, Archie Panjabi, Shaznay Lewis, Frank Harper, Juliet Stevenson, Shaheen Khan, Ameet Chana, POOJA SHAH
- Jinete de ballenas: Dirixida por Niki Caro (2003). Interpretada por Elenco Keisha Castle- Hughes, Rawiri Paratene, Vicky Haughton, Cliff Curtis, Grant Roia e Mana Taumaunu.
- Little Miss Sunshine: Dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris (2006). Interpretada por Steve Carell, Toni Collette, Greg Kinnear.
- Buda explotó por vergüenza: Dirixida por Hana Mkhmalbaf (2007). Interpretada por Nikbakth Noruz, Abdolali, Hoseinali, Abbas Alijome. • Offside: Dirixida por Jafar Panahi (2005). Interpretada por Sima Mobarak Shahi, Safar Samandar, Shayesteh Irani, M. Kheyrabadi, Ida Sadeghi, Golnaz Farmani, Mahnaz Zabihi, Nazanin Sedighzadeh.
- Brave: Película de animación dirixida por Mark Andrews, Brenda Chapman, Steve Purcell (2012). • Shrek: Película de animación dirixida por Andrew Adamson e Vicky Jenson (2001).
- Mulan: Película de animación dirixida por Barry Cook e Tony Bancroft (1998).
- Érase una vez otra María. Ver Vídeo
- La peluca de Luca. Ver Vídeo