UNHA RELACIÓN SAUDABLE É AQUELA BASEADA NOS PRINCIPIOS DE CONFIANZA E RESPECTO MUTUO

VIOLENCIA DE XÉNERO

Qué é a violencia de xénero?

“Calquera acto violento ou agresión, baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada”
(
Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega par a prevención e o tratamento integral daviolencia de xénero)

 

É violencia de xénero…

  • A violencia física
  • A violencia psicolóxica
  • A violencia económica
  • A violencia sexual e os abusos sexuais.
  • Acoso sexual.
  • Tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación.

Primeiros signos de maltrato

  • Ridiculízate, faite sentir inferior, torpe ou inútil.
  • Íllate, impídeche relacionarte con familiares ou amizades, ponse celoso ou provoca unha pelexa.
  • Ameázate, humíllate, grítache ou insúltate en privado ou en público.
  • Faite sentir culpable, que tí tes a culpa de todo.
  • Ameaza con facerche dano a tí ou á túa familia.
  • Dáche medo a súa mirada ou os seus xestos.

 

  • Contrólache o diñeiro, a forma de vestir,
  • Revisa o teu teléfono móbil e as redes sociais.
  • Agrediute algunha vez físicamente.
  • Forzoute a manter relacións sexuais en contra da túa vontade.
  • Ameaza con quitarche as túas fillas ou fillos se o deixas

 

Unha relación saudable é aquela baseada nos principios de confianza e respecto mutuo. Se na túa relación aparece algunas das actitudes que citamos, debes estar alerta e actuar. 

Qué facer?

O primeiro paso que podes dar é explicar a túa situación a outras persoas e pedir axuda.

 

Aconsellámosche buscar a axuda de familiares e amizades de confianza. Tamén debes facer o mesmo se no teu contorno detectas un posible caso de violencia de xénero.

 

Vota man dos seguintes recursos

CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACION Á MULLER (CIM)

Os Centros Municipais de Información á Muller son un recurso municipal de carácter permanente, dende o que se articula unha intervención global dirixida a mulleres e que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica,  así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

As actividades de prevención, información , asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas de esta violencia serán prioritarias

Tamén será prioritaria a atención a mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/o risco de exclusión social.

O CIM está cofinanciado pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XéNERO E OS SEUS FILLOS.

E un servizo prestado pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que ten como finalidade ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a aquelas mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero, e complementariamente, a menores e outras persoas dependentes delas que teñan pasado pola mesma situación.

O TEU CIM DE REFERENCIA É O DE PONTEAREAS:

 Dirección: Rúa Oriente, 8, 36860 Ponteareas, Pontevedra

Teléfono: 986 64 46 53

 

PROGRAMA ABRáMOLO CíRCULO.

«Abramos o Círculo» é un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu círculo social e desexan adquirir novos xeitos de comportamentos exentos de agresividade , o progrma ten as seguintes finalidades:

  • Aprender a resolver conflitos sen violencia.
  • Aprender a comunicarse mellor.
  • Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade
  • Educar fillos/as en igualdade.
  • Asumir hábitos positivos de relación e convivencia.

Teléfonos de interese más preto de tí

Cim de Ponteareas: 986 644 653

Servizos sociais do Concello de A Cañiza: 986 652 435

Policía local: 639 334 900

Garda civil : 986 651 002

Xulgado de paz:  886 120 872

Centro de saúde de A Cañiza: 986 651 376

Urxencias de A Cañiza: 986 651 376

Urxencias médicas: 061

Urxencias: 112

Telefono gratuíto da muller 24 horas: 900 400 273

Atención a vítimas de malos tratos por violencia de xénero:  016