Mulleres con historia
documentación

igualdade

O Concello de A Cañiza a través do departamento de servizos sociais, pon a disposición de toda a cidadanía este novo espazo na páxina web Municipal centrado  na sensibilización en materia de igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

    Neste novo espazo poderás atopar:

    • Documentación , materiais de consulta e recursos de sensibilización de cara a fomentar valores baseados na coeducación e na igualdade dende idades temperás e infancia.
    • Documentación , materiais de consulta e recursos de sensibilización de cara a deteción de diferentes formas de violencia hacia as mulleres principalmnete na adolescencia.
    • Recursos a túa disposición, de apoio e intervención profesional en situacións de violencia de xénero.
    • Materiais de consulta dirixidos a profesionais no eido da prevención da violencia de xénero e o fomento da igualdade.
    • Actividades e actuacións que se desenvolvan na comunidade dirixidas á igualdade.

    PLAN DE IGUALDADE 

    Descargar ou ver PIOM

    «Construír camiños violetas que sirvan de guía para que outro mundo sexa posible»

    25 novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

    O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Fixouno a OMS, respaldada por 60  países, por ser a data  na que as irmáns Mirabal foron asasinadas por encargo do dictador Rafael Leonidas Trujllo.

     

    8 de marzo: Día Internacional da Muller

    No ano 1975, a ONU, na resolución 32/142, proclama o 8M como o Día da Muller e a Paz Internacional. Ata esa data  numerosos sucesos e revoltas en diferentes lugares do mundo amosaban  a desigualdade  entre sexos en diversos ámbitos da sociedade pero sobre todo no mundo laboral. Un dos feitos importantes na historia que amosan esa desigualdade foi a morte de 123 mulleres e 23 homes no ano 1911 na fábrica téxtil “Triangle” en Nova York, baixo condicións de precariedade. Este feito supuxo unha auténtica revolución no mundo, iniciando cambios no ámbito da seguridade laboral e nos dereitos fundamentais das mulleres.

     

    23 de setembro: Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos.

    Entendemos por trata a explotación de mulleres e nenas, o recrutamento, transporte, embarque ou recepción de mulleres/nenas por medio de ameazas, uso da forza, coacción, engano, fraude, abuso de poder ou de situacións de vulnerabilidade; mediante o pagamento ou beneficio económico na obtención do consentimiento dunha persoa para que ceda o control sobre outra co propósito da súa explotación. Esto inclúe como mínimo a derivada da prostitución e doutras formas de explotación sexual, traballo ou servizos forzados, escravitude ou prácticas similares, servidume e extracción de órganos.

    Según a ONU 2.5 millons de persoas son vítimas de trata, ademáis calcúlase que por cada vítima identificada existen máis de 20 sen identificar.

    A metade das vítimas de trata son menores de 18 anos do 15 o 20% son nenos/as.

     

    Contacta con nós

    Casa do concello de A cañiza

    Calle Oriente s/n
    +34 986 651000
    servizoapoioasfamilias@caniza.org